O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil.
Desta forma, dáse por rematada a dita formación, que beneficiou a nove persoas da zona de Coira e arredores. Logo de anos sen realizarse, trátase dunha formación moi demandada pola veciñanza e, de feito, ampliouse a oferta con dous cursos semanais.
Neste senso, a alcaldesa agradeceulle aos asistentes a súa participación e salientou a importancia de seguir ampliando coñecementos independentemente da idade. Por iso, matizou, o Concello seguirá ofertando este e máis cursos de balde -como o que se imparte os xoves de linguaxe de signos- para a veciñanza de Teo.
Este curso de internet está dirixido a persoas maiores de 60 anos que están empadroadas no Concello e que pretenden adquirir coñecementos informáticos básicos, para así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil.