O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Melloras na rede viaria en Adrán, Oza, Cantoña, Guldrís e Fornelos

| compartir:

Dende o departamento de Obras informan que nestes días se están realizando traballos de asfaltado na rede viaria. Explican que as condicións meteorolóxicas dos últimos meses, con semanas de moitas choivas, impediron realizar novos asfaltados nas estradas municipais. Ignacio Iglesias, o concelleiro responsable, destaca que a estabilización do tempo que temos neste momento permite o comezo dalgunhas das obras atrasadas.

Nestes días xa se están asfaltando as pistas de Adrán a Campos de Mirabel, en Oza na zona de detrás da igrexa, en Cantoña, Guldrís e Fornelos. Tamén se vai conectar á rede de estradas vivendas en Guldrís, O Sisto e Pontevea.

Nesta semana tamén se celebra o pleno no que se votan as obras do Plan de Obras e Servizos (POS) un programa co financiado pola Deputación da Coruña que recolle os proxectos de mellora da rede viaria con maior montante económica, obras que non se poden cubrir con fondos propios. Estes proxectos son ademais pactados con todas as forzas políticas da corporación.

O Plan de Obras da Deputación contempla o acondicionamento do viario en Mazas, a mellora da estrata en Vilar de Calo-San Domingo ademais dunha partida para gasto corrente de 331.000 euros. A proposta da alcaldía tamén recolle o Plan complementario 2023 cos proxectos de actuación de saneamento e pavimentacióni en Casalonga, reurbanización do núcleo de Lamas en Bamonde e o cambio de cuberta do pavillón municipal Ezequiel Mosquera, na Ramallosa. Estas actuacións, unha vez aprobadas no pleno, teñen unha tramitación administrativa longa que fai que os traballos de execución tarden aínda varios meses.

Guldrís