O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo rematou as obras de construción dun depósito municipal de vehículos, no lugar da Lagoa (Recesende), lindeiro coas instalacións do punto limpo do municipio.
O dito depósito municipal ten unha superficie de 500 metros cadrados e capacidade para albergar 25 vehículos. Estas instalacións teñen un cerrado realizado con postes de formigón de dobre T sobre un muro de formigón, de maneira que non forma un peche opaco pero mantendo a suficiente seguridade ante posibles actos vandálicos.
Con esta mellora de servizos, o Goberno municipal optimiza así a recollida de vehículos que son abandonados no concello, cumprindo así coa Lei de seguridade viaria. Ademais, cómpre ter en conta que este tipo de coches convértense tamén en foco de contaminación ambiental, xa que no seu interior ou debaixo do mesmo acumulan lixo e residuos. Unha cuestión que, ao ser concentrados agora nun único punto, se poderá minimizar para o ben do medio en xeral e da veciñanza de Teo. Unha medida máis coa que se racionaliza o gasto no Concello.