O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo vén de iniciar os traballos de reforma do campo municipal de fútbol de Calo, co fin de proceder ao arranxo do seu muro exterior e outras deficiencias menores nesta instalación deportiva.
As obras comezaron xa a finais da semana pasada e supoñen un investimento para o Consistorio de case 24.500 euros. Para financiar parte deste gasto, o Concello beneficiarase dunha axuda de case 19.600 euros da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes dentro da liña de subvencións para levar a cabo a reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal.
Así mesmo, esta achega do Executivo galego contempla tamén unha liña para a compra de material deportivo inventariable. No caso de Teo, fóronlle concedidos algo máis de 9.700 euros -dun orzamento presentado de algo máis de 12.000 euros- para a reposición de material nos diferentes pavillóns municipais.
Desta forma, o Concello segue traballando a prol da mellora das instalacións municipais, neste caso deportivas, co fin de ofrecer uns servizos de calidade e con todas as garantías para os veciños de Teo. Unha mellora que se suma á xa anunciada días atrás, consistente na mellora da cuberta do pavillón deportivo dos Tilos, unha actuación que será financiada integramente pola Xunta de Galicia con 48.300 euros.