O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo programa diversas actividades con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sumándose así a numerosas Administracións, entidades públicas e privadas que buscan erradicar calquera tipo de discriminación.
Así, cómpre salientar que a violencia de xénero é un asunto de Estado, polo que previr e poñer fin á violencia exercida contra as mulleres é un claro obxectivo para o Concello. Neste senso, cabe sinalar que durante toda esta semana -do 20 ao 23 de novembro- estará a caravana lila percorrendo os catro centros educativos do municipio, co fin de dar información sobre esta cuestión aos máis pequenos. Ademais, o venres 24 estará tamén diante da Casa Consistorial para que calquera interesado se poida achegar e recibir información de interese.
Doutra banda, o mércores 22 de novembro, celebrarase no Instituto de Educación Secundaria de Cacheiras unhas xornadas dirixidas ao alumnado de 1º de bacharelato, centradas na igualdade e na prevención en violencia de xénero. O obxectivo é informar á rapazada dun problema que se debe eliminar da sociedade, xa que cómpre educar nesta materia para que non existan maltratadores, evitando así que logo haxa vítimas.
Xa o venres 24 de novembro procederase á lectura dun manifesto diante do Concello como rexeitamento por parte das distintas forzas políticas e dos traballadores do Concello á violencia de xénero. Finalmente, o sábado 25, no auditorio Constante Liste terá lugar a representación en linguaxe de signos da canción “Morada de bágoas”, interpretada polo grupo Música en mis manos, rematando os actos coa obra teatral de balde “Cinco minutos sen respirar”, de Gustavo Ott.
Consenso político
No último Pleno, celebrado o pasado 25 de outubro, os catro grupos políticos -Partido Popular, Partido Socialista, Bloque Nacionalista Galego e Proxecto Común Teo- acordaron por unanimidade adiantar o Pleno do mes de novembro para o mércores 22, co fin de poder aprobar na súa xuntanza mensual unha moción conxunta pola loita contra a violencia de xénero.
Neste senso, cabe sinalar que ante unha cuestión deste calibre, a política ten que centrarse no apoio e defensa das vítimas e do seu entorno, unir sinerxías e defender unha sociedade que respecte os dereitos da muller.