O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello executou o afirmado e acondicionamento do viario municipal en Cornide. Trátase dunha obra financianda pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través do Plan marco de mellora de camiños rurais, anualidade 2023-2024. A obra estaba orzamentada en algo máis de 96.600 euros.
Segundo se destaca no Informe de necesidade da obra, este viario presentaba un importante deterioro pola antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como polo impacto das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo.
Os traballos consistiron en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico sobre a base anterior, xa que así se eliminan os problemas de desgaste e perda de adherencia. Tamén se fixo o pintado de sinalización horizontal con pintura branca ou amarela.
Esta obra está financiada a través de Agader con fondos Feader: Europa inviste no rural, no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
Attachment | Size |
---|---|
231018_Viario cornide_cartel.png | 1.14 MB |
231018_Viario Cornide_obras I.png | 1.9 MB |
231018_Viario Cornide_obras II.png | 1.65 MB |