O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Ante as informacións sesgadas recibidas estes días, o Concello quere deixar clara a súa postura coa implantación deste servizo no municipio
Nestes primeiros meses de nova xestión municipal xa se están a levantar os alicerces deste novo servizo, feito que non se levara a cabo ata o de agora
Lucía Calvo de la Uz insistiu en que se trata dun “servizo prioritario e imprescindible para a veciñanza”, xa que máis de 4.000 habitantes do concello son maiores de 65 anos
O Goberno local de Teo quere deixar claro -ante as informacións sesgadas recibidas estes días- que o concello contará cun centro de día para os seus maiores, tras aprobarse no último Pleno a moción presentada polo Partido Popular con 12 votos a favor (por parte do Partido Popular e o Partido Socialista) e 5 abstencións (por parte do Bloque Nacionalista Galego e Proxecto Común Teo).
Neste senso, cómpre matizar que o Concello xa está en conversas coa Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia para garantir a súa posta en marcha o antes posible. De feito, nestes primeiros meses de nova xestión municipal xa se están a levantar os alicerces deste novo servizo, feito que non se levara a cabo ata o de agora.
Así, tal e como se recollía na moción presentada e aprobada, o Concello está a xestionar a posta en marcha deste centro para así garantir que sexan os teenses quen desfruten do servizo prestado. O Concello está traballando arreo para que esta sexa unha realidade na maior brevidade posible e contando con todas as garantías legais.
De feito, na defensa desta proposta, a alcaldesa popular Lucía Calvo de la Uz insistiu en que se trata dun “servizo prioritario e imprescindible para a veciñanza”, xa que máis de 4.000 habitantes do concello son maiores de 65 anos. Neste senso, manifestou daquela que “esta demanda debe ser valorada por todos os grupos políticos e remar xuntos cara un único fin: conseguir este servizo o antes posible”.
Por último, a Administración local agradece o apoio doutros grupos políticos que si ven a necesaria posta en marcha deste servizo, sen atranques e apoiando a decisión do Goberno local na súa forma de execución.
Attachment | Size |
---|---|
6.1.- MOCION PP CENTRO DÍA.pdf | 214.89 KB |