O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Departamento de Benestar puxo en marca o ano pasado o Programa Fogares, desenvolvido a través dun convenio coa entidade Provivienda. Rematado o 2022 acadouse o obxectivo marcado nun inicio que consistía en facilitar a incorporación ou mantemento da vivenda a seis núcleos familiares que presentaban risco de exclusión residencial.
Desde o programa, que vai dirixido á integración en vivendas alugadas de persoas que poidan ter algunha dificultade para atopar resposta no mercado libre de vivenda en réxime de arrendamento, desenvólvese un labor moi importante de acompañamento e apoio na relación entre as partes implicadas, ademais de proporcionar garantías económicas e legais que reducen a posible conflitividade entre estas.
O traballo executado permitiu ratificar as dificultades que existen para acceder a unha vivenda digna. É fundamental que o parque de vivenda baleira se abra a iniciativas como a promovida polo Programa Fogares, motivo polo cal o Concello de Teo anima a persoas propietarias a que se poñan en contacto polas vías específicas habilitadas:
Correo electrónico a lirolo@provivienda.org
Chamando ao 678 867 327
O Concello de Teo dará continuidade a este programa en 2023, para o que será importante o financiamento facilitado pola Deputación da Coruña a través da convocatoria do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para gasto social.