O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Salón de Plenos do Concello acolleu a 12° sesión do Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA)

| compartir:

Coincidindo co Día Mundial da Infancia, o Salón de Plenos do Concello acolleu onte á tarde a 12° sesión do Consello Local da Infancia e Adolescencia (CLIA).

Así, a rapazada participante puido debater as súas propostas e defender os seus dereitos ante o Goberno local e demais participantes. Neste senso, solicitaron aos edís correspondentes crear espazos cubertos no municipio para poder xuntarse e xogar. Tamén pediron un carril bici nos arredores dos colexios ou lugares acordes para a creación destes espazos e ampliar os puntos luminosos nalgunhas zonas.

Durante a sesión do Consello, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz achegouse para darlle a benvida ás nenas e nenos e animounos a usar este tipo de consellos para defender os seus dereitos e dar a coñecer as súas inquedanzas. Así mesmo, o concelleiro de Servizos Sociais, Familia e Infancia, Juan Cerqueiro, foi o encargado de presidir este órgano.

nenos