O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O servizo Coidados porta a porta volve a Teo

| compartir:

O autobús do servizo coidados porta a porta, que realiza consultas de podoloxía, audición e estimulación da memoria de balde a maiores de 55 anos volve a Teo este mes de febreiro.

Trátase dun programa impulsado pola Xunta de Galicia. As persoas interesadas en acudir a esta unidade móbil terán que concertar cita previa nos números de teléfono 622 748 283 o 623 546 992, ou escribindo ao seguinte enderezo de corro electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

A unidade móbil estará no Concello os días 14, 15 e 16 de febreiro na Rúa República Bolivariana de Venezuela, na zona próxima á piscina da Ramallosa.

Charla sobre podoloxía o 14

O martes 14 de febreiro ás 13:00 horas no salón de plenos celebrarase unha charla sobre podoloxía. A sesión ten carácter informativo xeral sobre coidados do pé, en particular do pé diabético e será desenvolvida pola podóloga do servizo Porta a porta.

Esta charla está dirixida a maiores de 55 anos e a duración aproximada é de 45 minutos. O acceso é de balde e non é preciso anotarse.

 

bus