O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Parte o campamento xuvenil cara Oleiros

| compartir:

Esta mañá fixo a saída o grupo do campamento xuvenil cara Santa Cruz de Oleiros. Os rapaces e rapazas foron despedidos polos pais e nais e tamén estivo na foto de familia a alcaldesa, Lucía Calvo, e os concelleiros de Deportes e Mocidade, Gelucho Gómez, e de Servizos Sociais e Familia, Juan Jesús Cerqueiro, e de Cultura, Margarita Rosende. O campamento, no que finalmente participan 84 nenos/as de idades entre os 13 e os 17 anos, durará ata o día 9 de agosto. 

O grupo pasará os vindeiros días nun albergue de Santa Cruz de Oleiros e ten programadas varias actividades e saídas. Actividades na praia, deportes, obradoiros, veladas, escape room, geocaching ou discoteca no albergue son algunhas das que farán nestes días. Tamén realizarán unha visita á Casa das Ciencias e ao planetario na Coruña.

campamento