O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recepcionou esta mañá a obra da área recreativa da Horta do Cura, situada na parroquia de Luou, dando así por finalizados os traballos relativos ao parque infantil.
Ata o de agora non se puidera abrir o dito parque ao público porque non contaba con todas as garantías e seguridade para a cativada. Porén, desde hoxe poderán acceder a este recinto de forma segura.
Nesta área recreativa, o Consistorio asumiu a redacción do proxecto de instalación da dita área recreativa e de ocio infantil e xuvenil na horta, incorporando tamén a apertura de accesos dende a carballeira e mantendo o muro existente, ademais de construír un muro de separación das dependencias da casa reitoral.
Todo iso por un importe de case 440.000 euros. Unha cifra á que hai que sumarlle o alugueiro anual de 2.450 euros por un período de 20 anos, tal e como se recolle no convenio asinado no ano 2018 entre o Arcebispado de Santiago de Compostela e a anterior Corporación municipal.
Ademais, tal e como se recolle nas cláusulas aceptadas pola anterior Corporación municipal, “a horta será de uso compartido e acceso público, con peche nocturno máximo de 10 horas”.
Attachment | Size |
---|---|
12.- ACTA 12.18. EXTRAORDINARIO 12 DECEMBRO.pdf | 918.91 KB |
convenio luou_.png | 54.59 KB |