O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, acompañou esta mañá ao conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e ao alcalde da Estrada, José López, na supervisión das obras de rehabilitación realizadas na ponte de Pontevea.
O proxecto incluíu a recuperación das lastras e da contorna, a renovación do pavimento, a limpeza do empedrado e a creación dun espazo de visionado sobre a ponte dotado con mobiliario urbano e novas sinais informativas.
Cabe lembrar que esta ponte foi declarada Ben de Interese Cultural (BIC) no ano 2017. Así, considerouse acaído o réxime de protección da categoría de monumento en relación coas características da ponte, aínda considerando tamén relevantes os valores históricos e a súa riqueza paisaxística.
Polo tanto, trátase dunha ponte senlleira do patrimonio cultural de Galicia localizada nunha vía de comunicación de orixe romana, cuxa construción é de época medieval. Ao longo da historia sufriu varias reconstrucións e foi escenario de fitos como a Guerra da Independencia ou as loitas contra as tropas napoleónicas desenvoltas a partir do ano 1809.