O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuníuse esta mañá en San Caetano co conselleiro do Medio Rural, José González, para abordar diversos temas de interese para o concello. Na xuntanza tamén estiveron o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé.
Neste encontro, a rexedora trasladou a súa vontade por seguir mobilizando e reestruturando terra na localidade, polo que o conselleiro sinalou que se estudarán as posibilidades para continuar con esta tarefa a través de todas as ferramentas dispoñibles, co obxectivo da posta en valor da superficie agroforestal.
Outra das cuestións abordadas foi o recente convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, e o Concello de Teo para un proxecto enmarcado no Plan de Infraestruturas Rurais. A Xunta destinará 48.369,79 euros para o afirmado e acondicionamento de dous camiños de titularidade municipal no lugar de Cesar, cunha lonxitude de actuación de 580 metros e unha superficie de 2.725 metros cadrados.
Este investimento compleméntase con outro destinado para o afirmado e acondicionamento no viario municipal en Cornide, cun orzamento por parte do goberno autonómico de 50.846 euros enmarcado no Plan Marco de mellora de camiños municipais 2023/2024.
Ademais, a alcaldesa amosou o seu interese en seguir afondando na colaboración institucional na prevención de incendios forestais, tanto con recursos de persoal e maquinaria.