O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O próximo 10 SETEMBRO 2023 terá lugar no lugar de RIBAS – OZA – TEO a XXII edición do Concurso de cabalos que organiza o Concello de Teo, un evento onde primará a competición de doma clásica e que contará con cantina e posto de polbo todo o día.
Un pouco de historia...
Segundo fontes do Arquivo Municipal de Teo (AMT), nunha reportaxe na Voz de Galicia con data de 1 de agosto 1996 destácase que a primeira edición da Festa do Cabalo en Teo celebrouse no ano 1991. Esta iniciativa popular foi nos inicios lidereada polos afeccionados do mundo cabalar, que moitos hai no municipio, e contou co apoio decidido do Concello de Teo.
Tal como aparece na reportaxe, é máis que evidente a vinculación directa deste evento coa feira cabalar máis importante do concello e de toda a bisbarra: “ a festa naceu en relación tamén coa FEIRA DO SAN MARTIÑO DE FRANCOS, para darlle un pouco máis de vida e para ensinar outras razas de cabalo distintas ás da zona” declaran os creadores da iniciativa. De feito, a primeira edición celebrouse no inverno, na carballeira de Francos. Por mor das condicións climatolóxicas, decidiuse posteriormente a celebrala no verán para mellorar o espectáculo. E aquí estamos, na recuperación dun evento que xa estivo consolidado, con alta participación da veciñanza, alta tradición e gran arraigo.
Cando se fala de Teo, estase a falar do mundo cabalar, da feira do San Martiño de Francos, do Entroido dos Xenerais da Ulla. Estase a falar en definitiva dun protagonista inequívoco: o cabalo.
Para ampliar información e consultar o programa deste evento pode consultar o tríptico.
Attachment | Size |
---|---|
triptico turismo 2023 copia-1_compressed.pdf | 970.56 KB |