O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello informa que se abre o prazo de solicitude para anotarse na “Campaña Neve 2025”, organizada pola Deputación da Coruña. Así, a rapazada de entre 11 e 15 anos, ambos inclusive e cumpridos a 31 de decembro de 2024, poderán desfrutar entre xaneiro e febreiro de 2025 de clases de esquí na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias). A Teo correspóndenlle 11 prazas na 6ª quenda, a cal transcorre entre os días 14 e 17 do mes de febreiro de 2025. O prazo de inscrición remata o vindeiro 2 de decembro e, en caso de ter máis solicitudes que prazas, farase un sorteo o xoves 5 de decembro ás 13.00 horas.
Tal e como se recollen nas bases, os interesados deberán anotarse no seu concello de empadroamento presentando a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai ou, de ser o caso, polo titor. Deberan acompañala da fotocopia da tarxeta sanitaria e do carné de identidade do neno (ou libro de familia en caso de non telo). Tendes toda a información dispoñible nos documentos adxuntos.
Esta iniciativa ten un custo de 85 euros por neno e inclúe o transporte, a estadía e a manutención na estación invernal de Valgrande, en Pajares. Ademais, tamén vai incluido no prezo as clases de esquí, os monitores, seguros, alugamento de material e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
Por último, cómpre sinalar que terán preferencia nestas actividades os nenos e nenas que non fosen a ningunha campaña de neve da Deputación.
Attachment | Size |
---|---|
Campana-Neve_2025_Ficha_Inscricion.pdf | 948.12 KB |
cartel_Campana_de_Neve_2025.pdf | 470.98 KB |
INFORMACIÓN CAMPAÑA.pdf | 398.59 KB |
RESULTADO SORTEO.pdf | 47.81 KB |