O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A alcaldesa felicita os participantes dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil.

Durante a entrega de diplomas, a alcaldesa agradeceulle aos asistentes a súa participación, animándoos a seguir ampliando coñecementos independentemente da idade. De feito, trasladoulles que xa está en marcha o segundo nivel desta formación, apostando polo perfeccionamento de coñecementos. 

Así mesmo, Lucía Calvo de la Uz puxo en valor a vontade dos veciños e veciñas que se anotan a este tipo de actividades -entre moitas outras que ofrece o Concello ás persoas maiores de Teo-, posto que son unha opción fantástica para socializar e estar en activo.

Coa entrega de diplomas, dáse por rematada a dita formación, que desta vez beneficiou a oito persoas empadroadas no municipio. Este tipo de formación é moi demandada pola veciñanza co fin de poder adquirir coñecementos informáticos básicos e así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. 

Dende o Concello, lembramos que a inscrición está aberta de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude. 


 


 

foto