O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, xunto con outros representantes do Padroado da Fundación do Refuxio de Animais de distintos concellos que integran esta entidade, realizou unha visita a Bando para coñecer as instalacións deste recinto.
Lucía Calvo de la Uz interesouse polo estado xeral do refuxio e dos animais. Salientou que é preciso seguir acondicionando as instalacións, co fin de mellorar a calidade de vida dos cans e gatos que se atopan alí.
Precisamente, cabe sinalar que Teo é un dos municipios que colabora no mantemento deste refuxio, un dos que máis aporta economicamente. De feito, para este 2024, o Concello incrementou a partida en máis de 55.000 euros para o correcto desenvolvemento do refuxio, xunto coas aportacións do resto de concellos que integran o Padroado.
Así mesmo, durante a visita, a directora do refuxio salientou que no mes de xaneiro se produciron 70 adopcións, ademais de contar con novas "madriñas" que facilitan a organización e a xestión da recollida e coidado de animais.
Por último, na vindeira xuntanza do Padroado estudarase a forma de concienciar á cidadanía sobre a tenencia responsable de animais.