O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Aprobada a contratación para acondicionar o viario municipal en Nespereira por un importe superior aos 48.000 euros

| compartir:

O Concello vén de aprobar a contratación da obra de asfaltado do viario municipal en Nespereira. Neste senso, o proxecto aprobado inclúe as obras de arranxo e acondicionamento do viario, ademais de mellorar os accesos existentes e a sinalización, tanto a horizontal como a vertical.

O actual deterioro desta vía, consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo e o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo, fai necesario invertir no seu acondicionamento co fin de mellorar o tráfico rodado e a seguridade viaria.

As obras consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Así, procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.

O tramo a arranxar comprende unha lonxitude total duns 1.062 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 4.850 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de sesenta tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais. 

O orzamento para esta actuación ascende a algo máis de 48.000 euros e o prazo de execución estímase nun dous meses. 


 

foto