O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo estase adaptando aos novos criterios de xestión de residuos que indican desde as administracións europeas e nacionais coa incorporación, nos vindeiros meses, do colector marrón para a recollida exclusiva de residuos orgánicos.
Para informar e concienciar á poboación do uso deste novo contedor, o Consistorio impulsa unha campaña de sensibilización e divulgación para todas as familias de Teo. Os interesados poderán achegarse á carpa de “Ti tes a Chave” os vindeiros 21 e 22 de novembro en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.30 horas e informarse alí dos usos deste novo colector. Concretamente, o xoves á mañá estará na explanada da Casa do Concello e, pola tarde, ao carón da rotonda do supermercado Gadis. O venres pola mañá estará no aparcadoiro municipal da SR Calo e, pola tarde, na Praza do Mercado Labrego.
Ademais, o 28 de novembro, tamén comezarán unhas xornadas formativas sobre reciclaxe e compostaxe nos centros educativos do municipio. O CEIP Plurilingüe Os Tilos será o primeiro en acoller esta iniciativa, seguido do CEIP A Ramallosa. Desta forma, a cativada tamén aprenderá da importancia de reciclar e separar, xa que cos restos depositados pode facerse compost, biorresiduo que pode aproveitarse como fertilizante e, incluso, como xerador de enerxía.
Con esta campaña búscase, sobre todo entre a rapazada, promover unha reciclaxe desde os fogares e conseguir así reducir a cantidade de residuos que se xeran, evitando o consumo excesivo e o desperdicio de produtos.