O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da xerente do Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez; e da alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, visitou hoxe a actividade Xogueteando: Un lecer diferente, que organiza a ANPA A Cantoñeira do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo na biblioteca Lucho do Peto, en Aido.
Esta actividade está enmarcada na campaña autonómica “Veráns Lecer Consumo”, que arranca hoxe e ata o vindeiro 2 de agosto con máis de 200 actividades programadas en máis de 60 concellos -entre eles Teo- para concienciar ás rapazas e rapaces de entre 3 e 18 anos dun xeito lúdico sobre a importancia do consumo responsable e sustentable.
Trátase dun programa de carácter gratuíto que está a disposición de todos os concellos de Galicia co obxectivo de ocupar o tempo libre do verán dos rapazas e rapaces dun xeito lúdico e, ao mesmo tempo, instrutivo. Así, a través do concepto de lecer responsable, trabállanse diversas temáticas relacionadas co consumo responsable sustentable.
A iniciativa está composta por diversas actividades relacionadas cos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, o consumo intelixente, a publicidade ou o uso das novas tecnoloxías. Cada actuación, que ten unha duración dunha hora cada unha, está adaptada en función das distintas idades dos rapazas e rapaces e das diferentes persoas ás que vaia dirixida.
Xogueteando: Un lecer diferente, que tivo lugar hoxe en Teo, estivo destinada a nenos de entre 3 e 6 anos, e consistiu na narración dun conto baseado no consumo responsable e na idea principal de que non é preciso empregar moitos xoguetes para gozar do lecer, propoñendo outras alternativas. A continuación os nenos e nenas tiveron que crear o seu propio xoguete relacionado co relato.