O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Curso de primeiros auxilios no CEIP A Igrexa - Calo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais e Infancia, Juan Cerqueiro, participou esta mañá nun curso sobre primeiros auxilios para o alumnado do Centro de Educación Infantil e Primaria da Igrexa - Calo.

Así, a cativada puido practicar con catro bonecos QCPR, cedidos polo Concello, a reanimación cardiopulmonar; así como avaliar adecuadamente unha situación de emerxencia para brindar os primeiros auxilios de maneira correcta e segura.

Durante o curso, os nenos e nenas participaron tamén na toma de decisións fundamentadas en momentos críticos, poñendo en común coñecementos e habilidades que son necesarios para actuar de maneira rápida e efectiva en situacións de emerxencia. 

De feito, afondaron na conducta PAS, unha guía de actuación recomendada polos profesionais sanitarios para socorrer aos feridos dun accidente. As súas siglas significan “Protexer” o intervinte, a vítima e o lugar do accidente, “Avisar” aos servizos de emerxencia e “Socorrer” ás vítimas. 


 

foto