O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Esta tarde celébrase o pleno ordinario do mes de abril

| compartir:

Este mércores, día 24, o Concello de Teo celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DA RES 397/24 Á RES 485/24)

2.- DACIÓN DE CONTA DE REPAROS FORMULADOS EXERCICIO 2023

3.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DO PLAN ANUAL NORMATIVO 2024

4.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DE CONVENIO COA AGASP PARA OS PROCESOS SELECTIVOS DAS DIFERENTES CATEGORÍAS DOS CORPOS DA POLICÍA LOCAL

5.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS

6.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE CORRECCIÓN DE ERRO MATERIAL NAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO 2024

7.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE, SANEAMENTO E DEPURACIÓN DAS AUGAS RESIDUAIS DO CONCELLO DE TEO

8.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE PARA AMOSAR O REXEITAMENTO DESTE CONCELLO AO PROXECTO DE INDUSTRIA TEXTIL E DE CELULOSA DE ALTRI QUE SE PRETENDE INSTALAR NO CONCELLO DE PALAS DE REI POLA SÚA AFECCIÓN AO MEDIO AMBIENTE DO ULLA E DA RÍA DE AROUSA. 

9.- MOCIÓNS

10.- ROGOS E PREGUNTAS

foto