O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Esta tarde celébrase o pleno ordinario do mes de maio

| compartir:

Este mércores, día 29, o Concello de Teo celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de maio. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DA RES 486/24 DO 19/05/2024 Á RES 634/24 DO 23/05/2024)

2.- DACIÓN DE CONTA LIQUIDACIÓN 2023

3.- DACIÓN DE CONTA INFORME CONTROL INTERNO 2023

4.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO MC11 (CRÉDITO EXTRAORDINARIO-SUPLEMENTO DE CRÉDITO 01/24)

5.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE XUÍZ/A DE PAZ

6.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE SOLICITUDE DE DECLARACIÓN DE FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DO SAN MARTIÑO

7.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE PARA SOLICITAR QUE SE CREEN BECAS PARA DEPORTISTAS INDIVIDUAIS DO CONCELLO DE TEO

8.- MOCIÓNS

9.- ROGOS E PREGUNTAS

foto