O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Esta tarde celébrase o pleno ordinario do mes de marzo

| compartir:

Este mércores, día 27, o Concello de Teo celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.

O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).

A orde do día é a seguinte:

1.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DA RES 227/24, DO 23/02/24 Á RES 396/24, DO 21/03/24 ).

2.- DACIÓN DE CONTA DO PERSOAL EVENTUAL.

3.- DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE MOROSIDADE E PMP 4º TRIMESTRE 2023.

4.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE RECTIFICACIÓN DE ERROS MATERIAIS DO CADRO DE PERSOAL QUE SE ACHEGOU CO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA O ANO 2024.

5.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE RATIFICACIÓN DO DECRETO DA ALCALDÍA DE CORRECCIÓN DO ACORDO PLENARIO PARA A SOLICITUDE DO POS+ ADICIONAL 1/2024 PARA O FINANCIAMENTO DE GASTOS SOCIAIS EXTRAORDINARIOS.

6.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE NOMEAMENTO DE FILLOS ADOPTIVOS DO CONCELLO DE TEO.

7.- MOCIÓNS.

8.- ROGOS E PREGUNTAS.

foto