O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este mércores, día 31, o Concello de Teo celebra o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.
O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).
A orde do día é a seguinte:
DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA DO 21/12/2023 AO 25/01/2024 (DA RES. 1479/23 DO 21/12/2023 Á RES 1550/2023 DO 29/12/2023 E DA RES. 1/2024 DO 02/01/2024 Á 205/24 DO 25/01/2024)
DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS - TRANSPORTE METROPOLITANO
DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE CREACIÓN DUN POSTO DE PERSOAL EVENTUAL E APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA O EXERCICIO 2024
DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN ÚNICO DE CONCELLOS) - “POS + 2024”
DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DO POS+ ADICIONAL 1/2024 PARA O FINANCIAMENTO DE GASTOS SOCIAIS EXTRAORDINARIOS
DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG EN RELACIÓN COA “MAREA PLÁSTICA” NAS COSTAS GALEGAS
MOCIÓNS
ROGOS E PREGUNTAS