O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Este mércores, día 31, o Concello de Teo celebra o Pleno Ordinario correspondente ao mes de xullo. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos.
O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Teo (esta é a ligazón directa: preme aquí).
A orde do día é a seguinte:
1.- APROBACIÓN DAS ACTAS DAS SESIÓNS EXTRAORDINARIA DO 30/06/23 E ORDINARIA DO 26/07/2023.
2.- DACIÓN DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DA RES 767/24 Á RES 930/24).
3.- DITAME DA PROPOSTA DA ALCALDÍA DE FESTIVOS LOCAIS 2025.
4.- DITAME DA MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE “PROPOSTAS DA CIG NA CAMPAÑA STOP PRECARIEDADE, TRABALLO DIGNO”.
5.- PROPOSICIÓN DA ALCALDÍA DE BONIFICACIÓN ICIO ASPAMITE.
6.- MOCIÓNS.
7.- ROGOS E PREGUNTAS.