O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Este luns comezan as obras de afirmado e acondicionamento do viario municipal na urbanización Os Rosales, en Cacheiras

| compartir:

O Concello investirá preto de 45.500 euros no afirmado e acondicionamento do viario municipal na urbanización Os Rosales, situado en Cacheiras. As ditas obras comezarán este luns, 7 de outubro, polo que pregamos á veciñanza que retiren todos os vehículos

O deterioro dos viais obxecto deste proxecto é consecuencia tanto da antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo, o desgaste ocasionado polo propio uso do mesmo dado o tráfico de vehículos diario que discorre por él e como consecuencia das reposicións parciais de aglomerado en gabias e acometidas das distintas instalacións.

Por todo isto, o Concello determinou que é importante a renovación do firme, co fin de mellorar a seguridade viaria e obter accesos máis axeitados e eficaces aos existentes, así como mellorar a sinalización horizontal e vertical. 

As obras consistirán en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico sobre a base anterior, xa que desta maneira elimínanse os problemas de desgaste e perda de ligante, e recupéranse as características de forma orixinais do pavimento. Nas actuacións inclúense o levantado de tapas de arquetas e tapas de rexistro, ademais de realizar finalmente a sinalización horizontal mediante pintura termoplástica branca.

Con todo, pregamos aos residentes desta zona que non aparquen os vehículos desde o luns 7 de outubro ás 8.00 horas da mañá, deixando despexadas as rúas obxecto deste proxecto. 

Deixarase pasar a todos os residentes para que poidan entrar nos garaxes, así como servizos urxentes que así o precisen. 

Desculpade as molestias e grazas pola colaboración


 


 

foto