O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Este sábado 26 de outubro chega a Teo a foodtruck de GALICIA SABE AMAR

| compartir:

A foodtruck de GALICIA SABE AMAR achegarase este sábado a Teo para animar ao conxunto da poboación a consumir peixes e mariscos, co fin de ter unha dieta máis saudable.

Esta iniciativa da Consellería do Mar pretende mostrar a versatilidade dos produtos acuícolas e poñer en valor o traballo que realizan os milleiros de profesionais da comunidade que traballan na extracción, produción, comercialización e transformación das distintas especies para a súa posta a disposición dos consumidores.

A foodtruck estará situada no praza do Mercado Labrego dos Tilos, en horario de 10.00 h a 15.00 horas. Ofrecerá petiscos variados con produtos do mar de forma totalmente gratuíta. 

 

cartel