O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo volverá a brillar este Nadal co acendido de luces, que terá lugar este venres 29 de novembro, na praza da Estivada da Ribeira ás 19,30 horas. Así, dende o Consistorio anímase a toda a veciñanza para que se achegue ese día a desfrutar tamén dun chocolate con churros totalmente de balde.
Ao igual que o pasado ano, a iluminación estará presente nas 13 parroquias que conforman o municipio. Ademais, no exterior do auditorio municipal de Teo colocarase o Recuncho de Nadal, un espazo onde estará a Caixa de Correos Real para que cada neno e nena poida entregar con tempo a súa carta aos Reis Magos.
Neste senso, haberá numerosas figuras iluminativas en varias prazas do concello, glorietas e tamén nas 13 igrexas parroquiais. A idea é que haxa puntos luminosos en todas as parroquias, se ben é certo que se concentra nas áreas comerciais para así animar tamén a xente ao consumo local.