O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello habilitou un segundo espazo como aparcadoiro municipal para o uso de toda a veciñanza na zona de Cacheiras. Desta vez, na Travesía de Cacheiras.
Trátase dun espazo duns 1.200 metros cadrados cedido por un particular cunha capacidade para preto dun centenar de vehículos. Ao igual que no caso do aparcadoiro municipal situado ao carón de Correos, o terreo é unha cesión gratuíta sen límite de tempo e coa condición de que sexa o propio Concello quen se encargue do seu mantemento.
A propia alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada do arquitecto municipal, achegouse ata o lugar para comprobar os traballos realizados no terreo. Desta forma, dáse respota a outra vella demanda dos empresarios desta zona e da propia veciñanza para facilitar o aparcamento nunha área onde se concentran tamén numeros locais comerciais e de hostalaría.