O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Salón de Plenos do Concello acolleu esta tarde a primeira actividade do programa “Camiños de coñecemento e experiencia da USC”, dirixido a persoas maiores de 50 anos. Así, o seminario de hoxe versou sobre San Martín Pinario, un mosteiro agochado pola sombra da Catedral.
Dita actividade foi impartida pola doutora en Historia da Arte e profesora titular do Departamento de Historia da Arte da USC, Mª Dolores Barral. Ademais de explicarlles aos asistentes toda a historia que rodea esta edificación, este xoves visitarán o mosteiro para comprobar in situ todo o aprendido.
O programa “Camiños de coñecemento e experiencia” divídese en catro sesións teóricas e catro sesións prácticas, todas elas relacionadas cos temas tratados os días previos.
Así, entre as actividades están un seminario sobre participación social e comunitaria, outro sobre a prensa no Val do Ulla e a democratización do coñecemeto e un terceiro sobre a relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego. Así mesmo, realizarase un obradoiro de experiencias e programas de boas prácticas, así como un sobre ritmo e percusión.