O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Investimento duns 18.000 euros no acondicionamento e mellora do centro de saúde dos Tilos

| compartir:

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello para abordar o acondicionamento e mellora do consultorio dos Tilos.

Tal e como establece no acordo asinado, ambas as administracións cofinanciarán esta actuación ao 50%, cunha achega de 8.883 euros cada unha delas. O investimento total na mellora da infraestrutura sanitaria ascende aos 17.767 euros.

Concretamente, levaranse a cabo melloras no sistema de calefacción, co cambio da caldeira, de diversos radiadores e da bomba de circulación. Ademais, renovarase a pintura de diferentes estancias e optimizarase a iluminación interior.

Paralelamente, a Xunta e o Concello de Teo seguen a traballar conxuntamente no proxecto de construción dun novo centro de saúde no lugar da Ramallosa. Trátase dunha obra prevista no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria que permitirá incrementar a carteira de servizos sanitarios no concello ao incorporar unha área de saúde bucodental. Na actualidade, o concello está a tramitar a cesión dos terreos necesarios para a súa construción. 



 

foto