O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Preto de 40 nenos e nenas que cursan o 2º curso de Educación Primaria do CEIP A Ramallosa visitaron hoxe a Casa Consistorial, co fin de coñecer o seu funcionamento. Ademais de pasar polos distintos departamentos, puideron comprobar de primeira man o traballo do persoal administrativo, quen estivo encantado de ensinarlles as súas principais tarefas diarias.
Xa no Salón de Plenos, houbo tempo para saúdar á alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e propoñerlle distintas ideas para mellorar as instalacións do centro, concretamente a zona de xogos e o polideportivo, entre outras moitas cuestións.
Ademais do edificio principal, o alumnado achegouse á Xefatura da Policía Local, onde recibiron unhas pautas breves de seguridade; aprenderon a importancia e o valor do Arquivo Municipal, rematando a visita no Auditorio Constante Liste.