O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O alumnado de Vedra entrevista á alcaldesa de Teo con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, achegouse ao Colexio Plurilingüe CPI de Vedra para ser entrevistada polo alumnado de 5º de Primaria, con motivo do Día Internacional da Muller, celebrado o pasado 8 de marzo.

As preguntas da rapazada incidiron na súa faceta como alcaldesa pero que tamén afondaron nos seus intereses e inquedanzas como muller. Unha experiencia moi enriquecedora para todas as partes, tanto para o alumnado como para a propia rexedora.

Actuacións polo 8M en Teo

Por parte do Concello de Teo, tamén se organizaron varios actos conmemorativos da man da Concellería de Igualdade e o CIM de Teo. Entre elas, a representación da obra Anónimas, da compañía de teatro A Tequerreté, que abordou as desigualdades laborais de xénero, o machismo existente na sociedade e a necesidade de fortalecer a educación como ferramenta para solucionar estas situacións.

Así mesmo, tamén se celebrou o encontro feminino de fútbol disputado entre o S.R. Calo e o S.P. Club Praíña, onde participou a alcaldesa co saque de honra e se entregaron os correspondentes trofeos ás participantes.

Por último, este mes de marzo pecharase cunha andaina do programa "Camiñando xuntas", para poñer en valor todos os fitos acadados grazas aos movementos das mulleres pola igualdade. Celebrarase este domingo 17 de marzo. 

foto