O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O alumnado do Club de Debate do IES de Cacheiras acadou o terceiro posto na final

| compartir:

Este sábado celebrouse a final do Club de Debate 2024 en Val do Dubra, logo de que 22 equipos galegos participasen este ano neste certame. O alumnado do IES de Cacheiras -equipo dos Sofistas- acadou o terceiro posto. 

O Club de Debate é unha actividade promovida polos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Narón, Pontevedra, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra. En total participaron 22 equipos formados por estudantes de 3 e 4º de ESO e 1º de Bacharelato nos seguintes centros: de Pontevedra: IES Frei Martín Sarmiento, CPR Plurilingüe Calasancio e IES Luís Seoane; IES Camilo José Cela e CPI dos Dices (Rois); IES de Cacheiras (Teo); CPR Santiago Apóstol e IES Terra de Trasancos (Narón); de Ferrol: IES Canido, IES Concepción Arenal, IES Saturnino Montojo. Colexio La Salle (Santiago de Compostela); IES Monte Neme (Carballo); IES Terra de Xallas (Santa Comba) e CPI de Bembibre (Val do Dubra). 

Con este programa preténdese favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera). Os contidos que se traballan teñen que ver coas habilidades comunicativas e a oratoria, mais tamén é necesario un proceso de documentación sobre o(s) tema(s) dos debates que achega nocións, datos e argumentos. Teñen moita importancia no programa o fomento do pensamento crítico, da tolerancia fronte á diversidade de opinións e do traballo en equipo.

foto