O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Un total de 22 equipos galegos participarán este ano no certame que se desenvolverá en Santa Comba a finais de febreiro, e que terá a súa fase final en Val do Dubra o 13 de abril. Teo contará con representación, ao participar 2 equipos do IES Cacheiras.
Este mércores, 17 de xaneiro, comeza para este alumnado unha nova edición do Club de Debate. O inicio deste programa e certame chega coa xornada de formación en habilidades comunicativas no Edificio Multiusos de Rois. Desde primeira hora, o alumnado participante aprende sobre ferramentas comunicativas e de documentación para debater do mellor xeito posible.
Cómpre lembrar que o Club de Debate é unha actividade promovida polos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Narón, Pontevedra, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra. En total están inscritos 22 equipos formados por estudantes de 3 e 4º de ESO e 1º de Bacharelato nos seguintes centros: de Pontevedra: IES Frei Martín Sarmiento, CPR Plurilingüe Calasancio e IES Luís Seoane; IES Camilo José Cela e CPI dos Dices (Rois); IES de Cacheiras (Teo); CPR Santiago Apóstol e IES Terra de Trasancos (Narón); de Ferrol: IES Canido, IES Concepción Arenal, IES Saturnino Montojo. Colexio La Salle (Santiago de Compostela); IES Monte Neme (Carballo); IES Terra de Xallas (Santa Comba) e CPI de Bembibre (Val do Dubra).
Os 22 equipos repartiranse nas tres xornadas de debates da fase clasificatoria, que se desenvolverá no concello de Santa Comba os días 27, 28 e 29 de febreiro. Os dous equipos mellor clasificados en cada xornada participarán na fase final, en Val do Dubra o sábado 13 de abril.
O Club de Debate está dirixido a rapaces e rapazas de 3º e 4º de ESO, 1º de bacharelato ou dos ciclos formativos que comprendan as mesmas idades en equipos mixtos e compostos por un mínimo de 4 e un máximo de 10 membros mais a persoa preparadora (docente, PAS…). Con este programa preténdese favorecer o uso do galego oral en contextos formais (os propios debates) e informais (a convivencia que se xera). Os contidos que se traballan teñen que ver coas habilidades comunicativas e a oratoria, mais tamén é necesario un proceso de documentación sobre o(s) tema(s) dos debates que achega nocións, datos e argumentos. Teñen moita importancia no programa o fomento do pensamento crítico, da tolerancia fronte á diversidade de opinións e do traballo en equipo.