O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Centro Cultural A Ponte Vella presenta no Concello a súa axenda para este sábado, 13 de xullo

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá á directiva do Centro Cultural “A Ponte Vella”, para coñecer de primeira man o programa do seu novo festival, que se celebrará o vindeiro sábado, 13 de xullo, ás 19.30 horas no Centro Cultural, sito en Reis.

Ese día haberá actuación do seu grupo de baile, das pandereiteiras e da charanga, para amenizar a tarde. Ademais, como grupo convidado, participará o Grupo de Baile e Gaitas Santaia, de Santa Cruz de Oleiros. 

Ese mesmo día, ademais do festival, tamén se celebrará a I Foliada “Camiño dos Arrieiros”, que comezará a partir das 22.00 horas no propio Centro Cultural. Nesta foliada tamén participarán o Grupo de Baile e Gaitas Santaia, a Asociación de Retranqueiros e o grupo Retrouso da A.C. A Fervenza de Ouzande, entre moitos outros.

A alcaldesa salientou o gran traballo deste Centro Cultural, o cal naceu no ano 1986 por iniciativa dun grupo de veciños da parroquia de San Cristovo de Reis, e felicitounos por todas as súas actuacións e polos premios acadados, que non son poucos precisamente, e animounos a seguir traballando así de ben para impulsar o folclore galego en xeral e o teense en particular por toda a xeografía española e fóra das nosas fronteiras. De feito, o Centro Cultural “A Ponte Vella” participou ata en tres ocasións no Festival Interceltique de Lorient (Francia), ademais de en numerosos certames nacionais e autonómicos.

 

 


 

foto