O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello acondiciona e amplía o número de marquesiñas en varias paradas escolares

| compartir:

O Concello procedeu ao acondicionamento e ampliación de marquesiñas en varias paradas escolares do municipio, co fin de que a rapazada poida coller o autobús nas mellores condicións posibles. 

Neste senso, a actuación levouse a cabo con fondos propios do Concello e ascendeu a preto de 20.000 euros. Procedeuse á colocación de bases de formigón para asegurar a marquesiña e, en varios casos, pasouse dunha a dúas marquesiñas, tendo en conta o número de escolares que alí agardan o bus. 

Así, acondicionáronse as marquesiñas en Montouto, Ribas-Oza, Regoufe, Reis, Teo e Francos. Así mesmo, ampliouse o número de marquesiñas na Igrexa de Luou, Balcaide e Campos de Mirabel.

Por último, tamén se procederá á colocación de dúas novas infraestruturas nos lugares da Grela e da Ramallosa, diante da Casa Consistorial, para os usuarios das liñas de autobús que pasan por esas zonas. 

Mellora da accesibilidade

Do mesmo xeito, cabe recordar que a Xunta de Galicia tamén está a mellorar a accesibilidade e seguridade en 35 paradas de autobús situadas no municipio. As intervencións consisten no acondicionamento dos carrís para a parada do autobús, a mellora da accesibilidade e a pavimentación da contorna coa execución de sendas ou beirarrúas.

Ademais da instalación de novas marquesiñas, tamén se están levando a cabo actuacións complementarias de drenaxe, condución de servizos ou colocación de varandas para protexer os usuarios aí onde poida haber desniveis. Tamén se inclúen melloras da accesibilidade para peóns, en xeral, e para persoas con mobilidade reducida, a través de medidas como a conexión das paradas cos itinerarios peonís, a execución de ramplas de acceso, información en braille ou pavimento podotáctil.



 

foto