O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo colabora na I San Silvestre Solidaria, organizada pola Sociedade Recreativa San Xoán de Calo en favor da Fundación Andrea. Será o vindeiro sábado, 28 de decembro, cando se leve a cabo esta carreira benéfica de catro quilómetros de percorrido. Unha cita para grandes e pequenos que, tal como indican desde a Organización, se poderá facer correndo ou andando, pois o importante é participar.
A carreira sairá desde o campo de Rebordelo ás 16.30 horas da tarde, sendo o prezo de inscrición de cinco euros, dos cales tres serán doados á Fundación Andrea para colaborar nos seus proxectos. Poderán inscribirse a través da páxina www.emesports.es.
Haberá premio para os gañadores da carreira, tanto femenino como masculino, e outras sorpresas para as persoas participantes que vaian en familia, disfrazados, etc. Dende logo, a diversión está asegurada.
No acto de presentación desta carreira estiveron a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz; a directora da Fundación Andrea, Amaya Castro; a xerente de Carpintería Metálica Galanas, Cristina Segade; a presidenta da SR Calo, Elsa Gómez; o coordinador deportivo, Manuel Buján, e o presidente da Comisión de Deportes, Antón Noriega.
Fundación Andrea
A Fundación ten como finalidade básica a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza, ás familias que, contando con escasos recursos económicos teñan que coidar aos seus fillos nas enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais.