O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello condena de forma enérxica e lamenta, unha vez máis, o acto de vandalismo levado a cabo na casa común Marisa Mirás, localizada na parroquia de Calo. Este acto xa foi denunciado á Policía Local para que tomen as medidas oportunas.
Trátase do segundo acto perpetrado nesta casa común, o anterior foi no pasado mes de novembro de 2023. Por iso, desde o Goberno local non se vai tolerar ningún tipo de acción que poña en perigo os bens públicos e comúns que empregan todos os veciños e veciñas para o seu desfrute.
Queremos deixar claro que, ante este tipo de accións, buscaranse os culpables para que paguen polos seus actos. De feito, a Concellaría de Cultura e Patrimonio teense xa tramitou a correspondente denuncia.
Unha vez máis, dende o Concello insistimos na necesidade de dar coa raíz do problema e atallalo canto antes, para que este tipo de condutas incívicas non se volvan repetir no noso municipio, xa que é a segunda vez que se leva a cabo este tipo de actuacións violentas nesta casa común, que consistiron en romper a fechadura da porta de acceso, entre outros danos.
Desde o Concello faise un chamamento á responsabilidade e ao respecto polos bens patrimoniais e culturais do municipio, uns bens que son para o goce de toda a veciñanza e que se ven afectados por unhas poucas persoas incívicas e sen respecto ao ben común.