O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo vén de adquirir un novo vehículo con etiqueta cero ou eco para o correcto desenvolvemento do traballo da súa brigada forestal, mediante subvención da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e no marco o Fondo de Compensación Ambiental. A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Desenvolvemento Industrial, Economía Local e Parques e Xardíns, Ángel Barreiro, recibiron esta semana o vehículo.
Así, a rexedora municipal salientou que se trata dun investimento moi necesario, pois a brigada forestal estaba a empregar ano tras ano vehículos de alugueiro que non cumprían coa normativa específica para os traballos que desenvolve. Neste senso, salientou que a brigada desempeña un papel crucial na conservación e mantemento dos ecosistemas naturais, sendo a mobilidade un factor esencial para asegurar unha resposta eficaz e oportuna ante calquera situación que poida poñer en perigo a biodiversidade e o patrimonio natural.
Este novo vehículo, con etiqueta cero ou eco, é dos máis indicados para desprazarse polos contornos naturais do concello, ademais de contar con capacidade de carga dabondo para levar a maquinaria e a ferramenta específica de uso cotián da brigada. Do mesmo xeito, o vehículo ofrece unha redución significativa das emisións contaminantes atmosféricas, minimizando así o impacto negativo sobre a calidade do aire e a saúde dos ecosistemas forestais.