O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse con técnicos de Ecoembes -entidade ambiental sen ánimo de lucro centrada na mellora do reciclaxe e do ecodeseño dos envases en España- para coñecer de primeira man os últimos datos sobre reciclaxe no municipio. Así, os esforzos que o Goberno Local de Teo está a facer para mellorar a recollida selectiva de residuos están a dar os seus froitos, mellorando os datos neste sentido.
Neste senso, segundo o último informe de Ecoembes, a recollida de impropios nos contedores pasou do 33,5% do 2019 ao 30% do 2023. De feito, no municipio recóllense cada vez máis quilogramos no colector de envases lixeiros (contedor amarelo) ata o valor de 400 kg/hab (un 3,4% máis que no 2019).
Cos datos na mesa, a alcaldesa subliñou que se trata de boas novas para o medio ambiente e para a economía local, “xa que coa boa separación do lixo e un bo uso do colector de envases lixeiros, redúcese o custo da recollida do colector xenérico” matizou a rexedora.
Por iso, a alcaldesa agradeceu a colaboración e o esforzo da veciñanza e anímaos a seguir facendo un uso correcto dos contedores repartidos por todo o municipio.