O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello e a Asociación Deportiva MAPP organizan para o 16 de novembro un evento para a xuventude

| compartir:

A cita terá lugar no Instituto de Educación Secundaria de Cacheiras en horario de tarde, a partir das 16.00 horas. Durante toda a xornada haberá música, comida e moitas actividades para que a rapazada poida desfrutar dunha tarde amena e divertida. 

Tamén haberá torneos de futbolín e tenis de mesa, ademais de clases de baile moderno para todos os interesados, os cales deberán anotarse aquí.

Neste senso, cada persoa poderá participar en máis dunha actividade, xa que son completamente independentes e os horarios permitirán cursasr varias delas. Ao longo da tarde haberá moitas sorpresas para a rapazada pero, sobre todo, moi bo ambiente e con xentiña moi comprometida. 

Con esta actividade, o Concello pretende fomentar un ocio saudable entre a súa xuventude. No caso desta xornada deportiva e cultural, as actividades propostas están pensadas para rapaces e rapazas de entre 12 e 24 anos. 


 

foto