O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello levou hoxe ao Pleno do mes de xuño, a proposta da Alcaldía sobre o inicio de expediente de contratación do servizo de recollida de resiudos urbanos, limpeza viaria e xestión do punto limpo municipal. Esta proposta contou con 9 votos a favor e 8 abstencións.
Así, cómpre sinalar que o servizo actual de recollida de lixo e limpeza estase a prestar en precario dende o 1 agosto de 2022, prazo no que rematou a segunda e derradeira prórroga prevista do contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e a limpeza viaria no Concello de Teo, o cal fora asinado en xullo de 2010.
Neste senso, o actual equipo de Goberno salientou que é urxente e necesario licitar un novo contrato para a implantación e prestación deste servizo público, co fin de dotalo da maior calidade posible e do menor custo para a veciñanza.
Para iso, elaborouse a correspondente memoria e os pliegos de prescricións técnicas, onde se detallan as condicións técnicas que servirán de base para contratar os ditos servizos. Deste modo, os pliegos establecen unha separación clara de papeis entre adxudicatario e Concello, recaendo a dita xestión do servizo de forma estrita sobre a contrata adxudicataria, mentres que o Concello será o encargado de velar polo cumprimento dos obxectivos e condicións que os pliegos establecen.
División en lotes
O procedemento de contratación previsto do contrato mixto de subministro e servizo para a prestación dos servizos de recollida de residuos urbanos, limpeza viaria e xestión do punto limpo municipal será por prazo de 10 anos, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria. Así mesmo, non se contemplan prórrogas. O orzamento total previsto (con IVE incluído) ascende a 12.793.514,25 euros.
Ademais, e de acordo a Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, o contrato dividirase en dous lotes, reservando un deles para promover a inserción de persoas con discapacidade no mercado laboral.
Desta forma, o lote 1 comprende a limpeza viaria e a limpeza e mantemento de contedores, por importe de 5,8 millóns de euros. Neste lote inclúese a limpeza da totalidade das zonas de uso público do termo municipal, xa sexan municipais ou doutras administracións públicas. Tamén comprende as fachadas de edificios de uso municipal e elementos de mobiliario urbano convencionais.
Neste lote tamén se inclúe a limpeza (lavado e desinfección) de todos os contedores de resíduos urbanos ubicados no termo municipal, a cal se realizará de forma mecanizada. A periodicidade de lavado dos contedores de recollida ordinaria ou fracción xeral será bimensual durante todo o ano, excepto os meses de xuño a setembro (ambos incluídos) que será mensual. Para aqueles contedores propios para o depósito de recollidas selectivas (papel-cartón, vidrio, envases, etc.), o contratista deberá mantelos en bo estado de limpeza e hixiene, sendo a periodicidade mínima de lavado para este tipo de colector e papeleiras de bimensual.
Doutra banda, o lote 2 comprende a recollida de resíduos urbanos e a xestión do punto limpo municipal, por importe total de 6,9 millóns de euros. Neste segundo lote, que está reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social para fomentar a inclusión de persoas con risco de exclusión social, o adxudicatario estará obrigado a recoller os residuos urbanos do termo municipal de Teo, na totalidade das zonas e percorridos. Os ditos residuos urbanos serán transportados de forma inmediata a súa recollida á planta de transferencia de Santiago.
Neste lote inclúese tamén a renovación do 100% da flota de contedores existentes, así como a incorporación de novas unidades, co fin de dispoñer dun servicio unificado e renovado. Así, serán un total de 800 contedores de lixo para restos, 800 contedores para envases, 400 contedores para papel e cartón, 400 contedores para vidrio. Ademais de 2.550 suxeitacontedores e embelecedores e 600 soleras de illas. A estes medios sumaranse 150 contedores para a fracción orgánica que será aportados polo Concello mediante subvención da Xunta de Galicia para axudas a entidades locais. Todos os contedores de nova adquisición instalados, así como os seus elementos accesorios, revertirán ao Concello ao termo do prazo de duración do servizo (10 anos).
No tocante ao Punto Limpo Municipal, o adxudicatario deste novo contrato deberá facerse cargo da súa xestión. Ademais de potenciar a recollida selectiva, deberá contribuir á desaparición de vertedoiros incontrolados e facilitar á cidadanía a evacuación de residuos que polo seu volume e características son de difícil e molesta eliminación; establecendo ademais un punto limpo móvil un día á semana para facilitar estes obxectivos.