O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo lanza unha nova campaña audiovisual, desta vez para fomentar o consumo nos locais de hostalería e de restauración do municipio. Ao igual que na campaña do comercio local, o Goberno teense busca colaborar co pequeno negocio situado ao longo de todo o territorio, plasmando a gran oferta de locais para que tanto a veciñanza como os fóraneos fagan uso dos mesmos. Locais de comida tradicional que se mesturan coas novas liñas vangardistas, pero onde “todo sabe a Teo”, tal e como resume o vídeo promocional.
O obxectivo da campaña é dar a coñecer parte deste sector, onde van representados locais de todo tipo: dende cafeterías a restaurantes, pasando por tabernas e locais de almorzo. Desta forma, preténdese dar a coñecer a gran cantidade de locais que existen en Teo e que ofrecen cartas variadas. Unha forma, manifesta a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, “de presumir do noso e consumir aquí en Teo”, axudando aos empresarios locais e facendo uso de todos os servizos dispoñibles no municipio.
Do mesmo xeito que pasou coa campaña anterior, a cal estaba enfocada no comercio local, contouse coa colaboración dos propios empresarios para participar no vídeo de forma totalmente altruísta e co único propósito de promocionar o seu traballo, o seu esforzo e a súa dedicación.