O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato para o afirmado e acondicionamento do viario municipal do Pazo a Paraxó. Trátase dunha obra financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), a través do Plan de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025. A obra está orzamentada en preto de 60.000 euros (59.914,18 euros).
Segundo se destaca no Informe de necesidade da obra, este viario presentaba un importante deterioro pola antigüidade do último pavimento realizado polo Concello, así como polo impacto das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo.
Ademais, un factor importante tamén para a renovación deste viario é a necesidade de obter accesos máis axeitados e eficaces aos existentes, así coma mellorar a sinalización horizontal e vertical.
Os traballos consistirán en estender unha nova capa de aglomerado asfáltico sobre a base anterior, xa que así se eliminan os problemas de desgaste e perda de adherencia, incluíndo o levantado de tapas de arquetas e tapas de rexistro. Tamén se levará a cabo a sinalización horizontal mediante pintura termoplástica branca ou amarela segundo sexa o caso. A duración prevista deste contrato é de dous meses.
Esta obra está financiada a través de Agader co Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.