O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello licita o contrato para adquirir medios materiais de recollida de bioresiduos e a realización de campañas de sensibilización

| compartir:

O Concello vén de licitar o contrato mixto de subministro e servizos para a adquisición de medios materiais para a recollida separada dos bioresiduos e a realización das campañas de sensibilización asociadas aos mesmos, reservado a centros especiais de emprego de iniciativa social.

Este contrato está subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, convocada por Orde de 1 de xuño de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para a financiación de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, (código de procedimiento MT975P), convocada ao abeiro da Orde de 1 de xuño de 2023 (DOG nº 112 do 14 de xuño de 2023).

Neste senso, o Concello de Teo adquirirá un total de 150 contedores para a vía urbana e outros 1.000 caldeiros domésticos con 2.000 bolsas de reciclaxe.

Así, antes de iniciar a implantación da recollida separada de residuos no casco urbano, cómpre poñer en marcha actuacións de formación, información e sensibilización á posible poboación involucrada no proxecto. Este proxecto é voluntario e vai dirixido ao 100% da poboación de Teo.

O contrato sae por un valor de 75.262 euros (IVE incluido), sendo o prazo máximo de entrega dos produtos a fornecer de seis semanas desde a aceptación por parte do adxudicatario da resolución de adxudicación ou formalización do contrato. O período de execución do conxunto de medidas de información e sensibilización recollidas será como máximo ata o 30 de novembro.

Toda a información relativa a este procedemento de licitación está na Plataforma de Contratación do Sector Público. 

cartel