O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello organiza os campamentos de verán en Santa Cruz de Oleiros

| compartir:

O Concello abre a inscrición para os campamentos de verán o vindeiro martes, 25 de xuño, ata o xoves, 4 de xullo. Tanto o campamento infantil como o xuvenil terán lugar no albergue de Santa Cruz, en Oleiros. Podedes consultar a continuación toda a información:

COTA DE INSCRICIÓN: 90 euros (inclúe transporte de ida e volta).

Consultar exencións e bonificacións no BOP nº. 195, do 13/10/2011. 

DOCUMENTACIÓN: ficha de inscrición.

RESERVA DE PRAZA: no Rexistro Xeral do Concello (preferiblemente por Sede Electrónica), do martes 25 de xuño ao xoves 4 de xullo ou en calquera dos lugares aos que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. 

No caso de que as solicitudes se envíen por correo postal, deberá xustificarse co resgardo correspondente, a data de imposición do envío na oficina de Correos, e debe anunciarse ao Concello a remisión da solicitude por correo electrónico (deportes@teo.gal) no mesmo día. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a solicitude de presentación.

Listaxe de solicitudes: estará exposta na páxina www.teo.gal a partir do día 8 de xullo.

SORTEO PÚBLICO: martes 9 de xullo ás 12.00 h na Casa do Concello, no caso de haber máis solicitudes ca prazas.

LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS: estará exposta na páxina www.teo.gal a partir do día 10 de xullo.

Terán preferencia as persoas empadroadas no concello de Teo.

Toda aquela que desexe renunciar á súa praza deberá comunicalo o antes posible por rexistro ou por correo electrónico en deportes@teo.gal

PAGAMENTO E REUNIÓN INFORMATIVA: cando se publique a listaxe de admitidos/as informarase do prazo de pago e o día da reunión.


C A M P A M E N T O  I N F A N T I L

DIRIXIDO A: persoas mozas nadas entre o 2017 e 2012 empadroadas no Concello de Teo.

NÚMERO DE PRAZAS: 70 + 5 para emerxencia social.

LUGAR: albergue de Santa Cruz – Oleiros.

DATAS: do 12 ao 20 de agosto.

 

C A M P A M E N T O  X U V E N I L

DIRIXIDO A: persoas mozas nadas entre o 2011 e 2007 empadroadas no Concello de Teo. 

NÚMERO DE PRAZAS: 70 + 5 para emerxencia social.

LUGAR: albergue de Santa Cruz – Oleiros.

DATAS: do 1 ao 9 de agosto.

 

Para máis información, podedes chamar ao departamento de Deportes do Concello (881 978 433).

 

foto

Arquivos descargables