O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello remata diversas obras de mellora en vías de titularidade municipal logo de anos sen mantemento

| compartir:

O Concello de Teo iniciaba o pasado mes de xaneiro obras de acondicionamento en varias vías de titularidade municipal por importe de case un millón de euros, co fin de mellorar a seguridade nestes tramos e facilitar o tráfico rodado, logo de anos sen o debido mantemento. Rematados moitas destas obras, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, acompañada polos arquitectos municipais, supervisou os traballos. 

Así, acondicionouse o viario municipal en Mazas, nun tramo de 870 metros con anchuras variables, o que supuxo unha superficie aglomerada de case 4.000 m². Tamén se levou a cabo o recrecido de 19 tapas de rexistro existente. 

No viario municipal de Vilar de Calo a San Domingo, actuouse en dous tramos cunha lonxitude total de 4.150 metros e unha superficie aglomerada de 24.153 m², efectuando tamén o recrecido de tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado. Unha actuación moi importante dado o elevado paso de vehículos e autobuses.

O Concello actuou tamén no lugar do Sisto, acondicionando a pista que discorre dende o propio núcleo ata o inicio da urbanización Augas Mansas. Así, aglomerouse unha superficie total de 2.380 m². Na vía que discorre entre Augas Mansas e Guldrís tamén se realizaron traballos de mantemento do firme. No tramo entre o cemiterio de Cacheiras e O Sisto proxectouse unha beirarrúa de formigón.

Por último, na zona dos Verxeis procedeuse ao repintado de vías, con sinalización horizontal e vertical. Unha cuestión moi demandada polos veciños desa zona, xa que apenas se divisaban as liñas e ocasionaba problemas de circulación e seguridade. 

foto